#Claves de la semana

A Deputación da Coruña apoia con 260.000 euros 70 proxectos agrogandeiros

As subvencións destínanse a implantar sistemas de eficiencia enerxética, xestión económica ou de calidade do leite, entre outros.


|

Vacas 4


A Deputación da Coruña aprobou a concesión definitiva de subvencións a un total de 70 entidades asociativas agrarias da provincia, que recibirán 264.330 euros para a realización de actividades relacionadas con sectores agropecuario e forestal, segundo informa a institución provincial.


Estas axudas están orientadas ao fomento do sector primario e permitirán a posta en marcha de novos proxectos "como o fomento da eficiencia enerxética nas explotacións agrogandeiras proposta pola Asociación de Gandeiros de Bovino Roi Xordo e dotada con 9.984 euros", sinala a institución provincial.


Ademais, as achegas provinciais financiarán a realización doutros proxectos como a implantación de aplicacións informáticas para a mellora da xestión económica das explotacións lácteas para a que a Asociación Sectorial Láctea Galega recibirá 9.991 euros e un programa de mellora de calidade do leite promovido pola Sociedade Agraria de Transformación Sancidre, dotado con 6.000 euros.

relacionada ​A USC e a Deputación da Coruña acordan o financiamento de actividades conxuntas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE