#Claves de la semana

A CIG convoca unha manifestación en Vigo para este mércores

"Non é tempo de pactos de salón, senón de dar batalla; a loita debe darse desde a rúa e a industria", defende o secretario comarcal do sindicato, Alberte Gonçalves.


|

Cigvigoalbertegoncalves


A CIG convocou para este mércores, 30 de novembro, unha manifestación na comarca de Vigo 'Contra a precariedade laboral e o desemprego: Traballo digno na nosa terra', coa que esixirá "desde a loita en rúa" a aplicación de medidas concretas para facer fronte ao empobrecemento e precariedade actual, posto que, remarcou, "de recuperación, nada de nada".


Nunha rolda de prensa este luns, o secretario comarcal do sindicato, Alberte Gonçalves, fixo un chamamento á clase traballadora para que se conciencie de que "o cambio só vai chegar se se empuxa desde abaixo" e se unan a esta manifestación. "Non é tempo de pactos de salón, senón de dar batalla; a loita debe darse desde a rúa e a industria", recalcou.


Neste marco, trasladou os resultados recollidos nun informe da CIG sobre a evolución sociolaboral na comarca viguesa entre xaneiro e outubro deste ano, que resumiu en que "continúa a destrución de emprego, segue adelgazando a industria, aumenta a precariedade laboral, e a pobreza é unha realidade para miles de veciños".


Tamén censurou que hai unha "desertización produtiva no ámbito industrial", en especial no sector naval, onde dixo que seguen habendo "síntomas de coma produtivo", coas "bancadas moi por baixo das súas capacidades"; e no da automoción, onde hai "unha enorme precariedade laboral", destruíronse empregos, e hai deslocalización e bloqueos.


Así as cousas, mantivo que "de recuperación, nada de nada" e, contrariamente, manifestou que a recuperación alegada polo Partido Popular responde á emigración e ás "miserias compartidas" --a través de contratos temporais e un "retroceso" nas condicións sociais e laborais dos traballadores--.


Ante todo iso, a CIG convocou unha manifestación, que sairá ás 20,00 horas deste mércores desde A Doblada ata o farol de Urzáiz. Tras esta mobilización, que dá continuación á celebrada o pasado 20 de setembro, o sindicato prevé realizar outras, unha delas "en xaneiro probablemente", ata que cambie a situación.


PROPOSTAS


Como medidas para facer fronte a esta realidade, a CIG propuxo crear un plan de desenvolvemento industrial para a comarca viguesa con intervención pública directa; aplicar a lei do chan do sector naval e crear un plan galego para a industria da automoción; e promover un plan integral de recuperación da Ría de Vigo para desenvolver as súas potencialidades en pesca e marisqueo.


Así mesmo, pide derrogar as reformas laborais e a lei mordaza; reducir a xornada laboral a 35 horas semanais e limitar as horas extraordinarias; eliminar as ETTs limitando as contratacións a tempo parcial; aumentar o salario mínimo interprofesional, cun salario de inserción laboral e social para desempregados sen prestacións; e acabar cos recortes nos servizos públicos.

relacionada ​A CIG denuncia unha “caza de bruxas” en Correos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE