#Claves de la semana

​“2016 foi un ano desastroso para os Dereitos Humanos”

O xefe dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, Zeid Raad al Husein, alerta de qe os Dereitos Humanos están baixo unha presión "sen precedentes"


|

Pateraemigrantes2


O xefe dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, Zeid Raad al Husein, vén de alertar de que os Dereitos Humanos “están baixo unha presión sen precedentes” en todo o mundo debido ao auxe do extremismo. Estas declaración fainas no marco do día internacional sobre a materia, que se celebra este sábado.


“2016 foi un ano desastroso para os Dereitos Humanos en todo o mundo e, se a crecente erosión do sistema humanitario que construimos coidadosamente segue aumentando, ao final sufriremos todos”, dixo no seu discurso difundido con motivo deste 10 de decembro.


Al Husein non ocultou o seu temor pola “deriva que está tomando o mundo”. “Os movementos extremistas someten á xente a unha violencia horrible. Os conflitos e a pobreza expulsan ás familias dos seus fogares. O cambio climático escurece os nosos horizontes”.


“INTERESE DE TODOS”


Tamén o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, sinalou na súa mensaxe polo Día Internacional dos Dereitos Humanos, que "defender os dereitos humanos vai en interese de todos" xa que o seu respecto promove "o benestar das persoas, a estabilidade das sociedades e a harmonía deste mundo tan interconectado".


Así mesmo, o diplomático lembrou que os dereitos humanos son "o eixo do labor e a identidade das Nacións Unidas" e asegurou que no momento actual no que"os conflitos se multiplicaron, do mesmo xeito que as necesidades humanitarias e o discurso do odio", a Declaración Universal de Dereitos Humanos establece que "a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento (...) dos dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana". "Paso a paso, podemos construír un futuro cimentado nos nosos valores comúns de igualdade e dignidade humana", sinalou.


Así, Ban lembrou a campaña 'Xuntos' que lanzou a ONU para loitar contra a xenofobia á que se enfrontan tantos refuxiados e migrantes e incidiu en que todas as persoas, "en cada un dos niveis da sociedade", poden levar a cabo o labor de "defender e promover" os dereitos humanos das persoas que están ao redor.


"Os Estados teñen a responsabilidade primordial de defender os dereitos humanos, e as Nacións Unidas, xunto cos seus asociados do mundo enteiro, deben seguir reforzando as respostas aos abusos e traballar mellor para previr as crises de dereitos humanos", engadiu.


Por último, Ban tamén mencionou a última campaña da Oficina de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, 'Defende hoxe os seus dereitos!' que pide a todos os cidadáns que, estean onde estean, pode influír en favor dos dereitos humanos: no barrio, na escola, no traballo, nos medios sociais, na casa e mesmo nos campos de deporte de todo o mundo. "Xuntos, defendamos os dereitos dos demais, hoxe, mañá e todos os días", concluíu.

relacionada ​"En el Camino de Santiago todas las personas somos iguales"
relacionada Un de cada catro galegos está en risco de pobreza ou exclusión social
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE