#Claves de la semana

O SLG reclama á Dirección de Minas a caducidade das concesións a Erimsa na Terra Chá

Denuncian o "silencio administrativo" a un escrito presentado polo colectivo labrego en abril solicitando que se declarasen expiradas as concesións.


|

TerrachanconcesionsminasSLG

// Sindicato Labrego Galego


A coordinadora do Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, vén de solicitar unha xuntanza co persoal responsable da Dirección Xeral de Enerxía e Minas para aclarar os motivos polos que a Consellaría de Economía, Emprego e Industria non declara as caducidades das concesións mineiras a Erimsa en concellos como A Pastoriza, Cospeito, Castro de Rei, Abadín, Riotorto e Vilalba.


Segundo indica o sindicato nun comunicado, o pasado 5 de abril, presentouse diante da dita Consellaría unha solicitude para que se iniciase o expediente para declarar as caducidades das concesións mineiras Pastoriza 5562, Alicia 5917 e Karles 5919. Porén, pasados seis meses, "Industria segue sen contestar", polo que o colectivo di "ignorar se se iniciou o procedemento para declarar estas caducidades ou non".


Dende o Sindicato Labrego Galego lamentan o "silencio administrativo", e reivindican que "está en xogo o futuro dunha extensa área de grande valor agropecuario da que depende a economía de centos de familias labregas". 


SENTENZA DO TSXG


O sindicato labrego fai referencia no seu comunicado á recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) contra Erimsa, que "desestimou o recurso contencioso-administrativo que interpuxo mineira norueguesa contra a denegación, por parte da Consellaría de Medio Ambiente, da autorización para explotar Alicia, N.5917". 


Nesta sentenza, segundo o colectivo, as probas periciais que se achegan sobre o impacto ambiental negativo en 3.399.997 m² falan dunha “relevante afectación á estrutura agrolóxica do terreo (…) que incorpora un solo de alta produtividade agrícola ou gandeira, característico do solo rústico de protección especial agropecuaria, e concorre no seu espazo a recente concentración de Goá (Cospeito), o que afecta 852 hectáreas, existindo ocasionalmente carballos e castiñeiros, afectando de forma relevante á estrutura viaira, tres vías da rede primaria complementaria e dúas da rede provincial secundaria, así como canles hidrolóxicas e zonas inundables do Miño, Anllo, Guisande, Pequeno, Pequeno de Anllo, Rego de Ribela, Rego de Pumar, Rego de Albán e humidais de Arneiro e As Barcias, e un espazo natural do Río Anllo e enclaves arqueolóxicos de O Castro, túmulos de Rodís e Froilán”.


En virtude desta sentenza desestimatoria dunha das tres concesións, e do "enorme impacto probado que tería a explotación mineira de cuarzo na Terra Chá pretendida con Erimsa", dende o Sindicato Labrego Galego entenden que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas debe declarar a caducidade das concesións mineiras a Erimsa na Terra Chá "de maneira inmediata" e piden que non se siga adinado unha decisión da que "depende o futuro social e económico dunha das comarcas agrogandeiras máis ricas e importantes de Galiza".

relacionada O CSIC e a USC implementan técnicas de fitocorrección en zonas mineiras galegas
relacionada ​A Xunta asegura que “contestou con toda contundencia” a demanda da mineira de Corcoesto
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE