#Claves de la semana

Ábrese a porta a que Villares poida formar parte da dirección de En Marea

O plenario da formación aprobou que os cargos institucionais do partido instrumental poidan formar parte da Coordinadora Nacional. 


|

Luisvillaresxulioferreiroenmarea


O plenario de En Marea aprobou por "ampla maioría" que os cargos institucionais do partido instrumental poidan formar parte da Coordinadora Nacional, que contará con 11 persoas elixidas polo Consello dás Mareas tendo en conta a proporcionalidade dos resultados das candidaturas presentadas.


Deste xeito, ábrese a porta a que o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, poida participar tamén na dirección do partido instrumental a pesar das voces, como a do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que pedían "buscar o equilibrio" entre a participación de persoas que non forman parte da "vida institucional" e os que si o fan na configuración da dirección de En Marea.


Con todo, non poderán formar parte deste Consello, máximo órgano de decisión entre asembleas, aquelas persoas que formen parte do comité electoral ou ostenten unha responsabilidade executiva dentro dunha organización política (secretarías xerais, portavocías e outros cargos homologables e membros de órganos executivos). Deste xeito, aínda que poderán presentarse os cargos orgánicos doutras formacións nas candidaturas, deberán dimitir da súa responsabilidade previa antes de tomar posesión como membros do Consello.


Con esta decisión, os representantes institucionais de ámbito autonómico e estatal tamén poderán formar parte deste máximo órgano de decisión entre asembleas. Malia todo, acordouse limitar a súa presenza como máximo ao 20% dos 35 membros cos que contará este órgano, aplicando a corrección de xénero, como así defendía unha das emendas debatidas este sábado na sesión.


Este punto foi o último da orde do día da mañá e foi o que contou con máis participación no plenario tras o debate suscitado nas últimas semanas ao redor do papel que os cargos institucionais do partido instrumental deberían ocupar na dirección orgánica do partido.


No plenario que En Marea celebra na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela participan unhas 500 persoas das máis de 1.000 inscritas na última semana no novo censo de En Marea.


Entre outros, acudiron este sábado á capital galega o propio Luís Villares, así como diversos membros dos grupos parlamentarios autonómicos e estatal de En Marea, como Antón Sánchez ou Antón Gómez Reino ou Ángela Rodríguez.


Ademais, asistiron os rexedores de Santiago, Martiño Noriega, e A Coruña, Xulio Ferreiro, ademais de cargos orgánicos doutras formacións como o secretario de Organización de Anova, Rafa do Pico; o membro de Cerna Mario López Rico; ou o que foi portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich.


VILLARES QUERE SER A VOZ


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, asegurou que se o regulamento que salga este sábado do plenario que o partido instrumental celebra en Santiago o permite, "conformará" unha candidatura para poñer "voz" ao proxecto de unidade popular, cuxa dirección é plural e "exerce toda a dirección".


Así se pronunciou en declaracións aos medios de comunicación, aos que lembrou que "non hai ningunha dúbida" sobre o liderado de En Marea, que "exerce toda a organización". Neste sentido, subliñou que no plenario deste sábado, "todo o mundo poderá expresarse con liberdade" sobre o regulamento político e o documento organizativo. "Hoxe todos somos inscritos que imos expresar a vontade de avanzar nun proxecto mellor para este país", indicou.


Con todo, lembrou que, xa os documentos de Vigo marcan que a representación das voces de En Marea "sexa plural". "Vai haber unha pluralidade, sempre houbo esa pluralidade, por tanto, o feito de que existan portavocías non implica que non vaia a haber pluralidade en todo momento", apuntou.


BEIRAS PIDE DEIXARSE DE 'CARALLADAS' E QUE VILLARES SEXA O REFERENTE


O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, animou a resolver o debate sobre o papel de Luís Villares en En Marea para deixar claro que "debe ser a referencia inequívoca a nivel persoal" do partido instrumental. "Que se deixe todo o mundo de caralladas, aquí o que hai que facer é arroupar a Villares para que poida facer o labor que ten que facer", indicou.


"Luís Villares asumiu un rol que era moi difícil, facendo unha renuncia moi importante dunha situación profesional que non só era moi confortable no plano persoal, senón que era un rol profesional no que estaba a facer un papel moi importante, porque era un maxistrado progresista que defendía á xente do común e se enfrontaba ao poder".


Neste sentido, tras recoñecer que En Marea debe ter un "equipo de liderado" que funcione como un "equipo real", recoñeceu que o papel de Villares "é moi difícil" dada a "heteroxeneidade" de En Marea pero un papel "fundamental" para o que lle ofreceu todo o seu apoio e o respaldo tamén da formación que lidera, Anova.


"Confío en que as incompatibilidades acaben sendo o lóxicas pero non exacerbadas, porque senón crearemos problemas e non hai que ser hipercontroladores", apuntou.

relacionada En Marea define hoxe a súa folla de ruta coa 'bicefalia' como principal debate
relacionada Villares e Gómez-Reino coinciden na necesidade de "liderados compartidos"
relacionada A Villares non lle preocupa non entrar na dirección de En Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE