#Claves de la semana

​O antropólogo vigués Rafael Quintía Pereira gaña o Ramón Piñeiro de Ensaio 2016

Recibíu o galardón pola obra 'Mariña, de deusa a santa A advocación de Santa mariña na cristianización da Gallaecia'.


|

Rafaelquintapereira


O antropólogo e escritor vigués Rafael Quintía Pereira foi galardoado co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que este ano cumpre o seu XVI edición, pola obra 'Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia', do que destaca "a prosa áxil e fluída na que está escrito".


Así o comunicou a Xunta, que convoca este premio a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto á Editorial Galaxia, e coa colaboración de Gas Natural Fenosa. O galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación do traballo pola editorial.


O xurado conformárono Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, Marilar Aleixandre, Uxío Labarta e Inma López Silva, que elixiron por maioría esta peza, da que tamén puxeron en valor "a inserción do ensaio nunha tradición que crava as súas raíces no traballo do Seminario de Estudos Galegos".


Este traballo galardoado co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio céntrase na apropiación dos mitos célticos por parte do cristianismo, exemplificados a través das múltiples Santas Mariñas en Galicia, cuxos espazos, fontes, árbores e lagoas sacras foron convertidos en culto cristián.


Rafael Quintía Pereira é licenciado tanto en antropoloxía social e cultural como en ciencias económicas e empresariais, e tamén é músico tradicional, escritor e documentalista. En concreto, é autor dunha decena de ensaios e gañou o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e o Premio de investigación Luís Cadrado.

relacionada Xabier Docampo, Semente e Correlingua, premiados pola súa defensa da lingua galega
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE