Galicia, das autonomías máis negativas ao informar sobre o pobo xitano

|

Alumnadogitano

Baleares e Galicia foron as autonomías máis negativas á hora de informar sobre a comunidade xitana, cun 54,55% e 51,76%, respectivamente, de textos desfavorables, segundo o informe 'Xornalistas contra o racismo? A prensa española ante o Pobo Xitano 2015', realizado pola asociación Unión Romaní.


Estes mesmos datos revelan que o 19,93% das informacións publicadas en medios de comunicación españois durante o ano 2015 sobre a comunidade xitana foron negativas.


Así, o informe que analizou 2.533 informacións escritas e dixitais, mostra que a porcentaxe de textos negativos é moi similar ao de positivos, que alcanzou o 19,11%. Desta forma, en liña cos datos da edición 2014, o maior número de textos tivo un tratamento neutral, ao representar o 60,96% do total.


Respecto da temática das noticias relacionadas coa comunidade xitana, o estudo destaca que un 11,83% delas tiveron que ver coa política, seguida do asociacionismo (10,55%), os sucesos (6,96%), sociedade (6,18%), racismo e discriminación (4,64%). Pola contra, os temas que rexistran menos mencións na prensa tiveron que ver con lingua (0,13%), a lei xitana (0,16%), sanidade e hixiene (0,27%).


Doutra banda, o informe 'Xornalistas contra o racismo? A prensa española ante o Pobo Xitano 2015' mostra que o 79,29% dos textos analizados que fixeron referencia a agresións tratáronse de forma desfavorable, sendo a lei xitana o tema que se tratou de forma máis negativa (90,91%), así como delincuencia (69,50%), asasinatos e homicidios (65,31%), sucesos (65,18%), conflito e drogas (64,94%, cada unha), e policía (63,08%).


A xuízo dos autores da investigación, a consulta de fontes xitanas é "claramente insuficiente" xa que, segundo o informe, en 2015 consultáronse no 28,73% dos casos, ascendendo ao 71,27% os textos sen versión ou opinión xitana.


En materia de tipo de texto, o 93,42% dos analizados foron informativos, fronte ao 6,58% catalogados como de opinión. Así, o 55% dos de opinión foron positivos, o 31,87% neutrais e os 13,13% negativos. No caso das publicacións informativas, o 63% foron neutras, as 20,41% negativas, e o16,59 favorables.


POR COMUNIDADES


Por rexións, as comunidades onde máis textos se publicaron foron Madrid (28,94 %) e Andalucía (14,35 %), mentres que en materia de tratamento as máis neutras foron Castela-A Mancha e Estremadura. As comunidades máis negativas foron Baleares (54,55% de textos desfavorables) e Galicia (51,76%).


Finalmente, o informe revela que a noticia foi o xénero máis utilizado e a extensión máis empregada foi a estándar (non excede os cinco parágrafos). Ademais, a porcentaxe de noticias en portada situouse no 2,18% do total, sendo o 33,96% delas clasificadas como negativas.

relacionada A Xunta porá en marcha un programa para reducir o abandono escolar do alumnado xitano

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress