#Claves de la semana

O Corredor do Morrazo volve pechar este luns entre Rande e Meira

Abriu durante o Nadal pola operación especial de tráfico. Moaña agarda novamente grandes atascos polo desvío da circulación.


|

150227Rande


O Corredor do Morrazo permanecerá cortado ao tráfico a partir deste luns 9 de xaneiro. O tramo afectado é o comprendido entre os quilómetros 0 e 6, é dicir, entre os enlaces da ponte de Rande e o de Meira.


O treito reabriu o día 21 de decembro con motivo da operación especial de tráfico que a DXT activou no período vacacional. A partir de agora, agárdanse novamente grandes atascos en Moaña, polo desvío da circulación.


Segundo informou a Xunta, o corte débese a "a necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en Autovía desta infraestrutura".


Deste xeito, a circulación nesta vía permanecerá interrompida "ata o final das voaduras máis importantes". Durante o tempo que dure o corte ao tráfico, o Goberno galego reforzará "a información aos cidadáns", así como "a sinalización para ofrecerlles indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar".


Así as cousas, a Xunta engadiu que esta decisión "minimiza os riscos" e permitirá "concentrar os traballos de maior entidade no menor tempo posible", polo que está previsto que o prazo de execución dos desmontes previstos redúzase "case á metade".

relacionada ​O corredor do Morrazo reabre este mércores e permanecerá en servizo todo o Nadal
relacionada Grandes atascos en Moaña ao desviar o tráfico do Corredor do Morrazo
relacionada ​Pecha ao tráfico ata decembro un tramo do Corredor do Morrazo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE