#Claves de la semana

​O 061 atendeu a 60 persoas debido a 49 accidentes de tráfico na fin de semana

A proporción de homes atendida foi do 64 por cento e a de mulleres reduciuse ao 36 por cento


|

Accidentesa


Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 60 persoas debido a 49 accidentes de tráfico rexistrados durante o pasado fin de semana na rede viaria galega.


Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo 57 chamadas en relación cos sinistros de circulación. A xornada na que se contabilizaron máis incidentes foi a do sábado, con 23 accidentes.


Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 64. En concreto, as ambulancias medicalizadas acudiron a catro sinistros; as asistenciais saíron en 50 ocasións e as convencionais, en catro; mentres que o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco ocasiones.


En 56 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasiones recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado.


A proporción de homes atendida foi do 64 por cento e a de mulleres reduciuse ao 36 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 39 por cento dos asistidos tiña entre os 30 e 44 anos.


Pontevedra, con 21 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 18; Lugo, oito; e Ourense, dous.

relacionada Galicia pecha 2016 con 15 falecidos máis nas estradas que en 2015
relacionada ​La DGT pone el foco esta semana en los autobuses escolares
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE