#Claves de la semana

​O naval de Vigo perdeu 400 empregos no último ano

A CIG pide implicación dos partidos políticos e un fondo de compensación para os traballadores afectados pola ilegalización do tax-lease


|


Representantes sindicais da CIG nos astaleiros da Ría de Vigo reuníronse este luns cos grupos do parlamento galego, trasladándolles a súa preocupación pola falta de carga de traballo. Aseguran que a situación é peor neste momento que hai un ano, xa que hai "aproximadamente sobre 400 traballadores menos" e perspectivas dun "futuro bastante negro para este 2016".


Destacan a problemática que supón a falta de encargos nos dous astaleiros de maior volume, Vulcano e Barreras. No primeiro caso, "non hai ningunha contratación" que se deixe notar en carga de traballo, a pesar dos anuncios da Xunta de que se están negociando posibles contratos. No caso de Barreras está a punto de entregarse un flotel para Pemex. Pero despois deso na CIG entenden que haberá "entre 300 e 400 traballadores" que se quedarán na rúa.


En Metalships tamén levan máis de dous menos e sen contratación. Neste momento só os tres "astaleiros pequenos" (Freire, Armón e Cardama) están proporcionando novas cargas de traballo, pero cun volume proporcional ás súas menores dimensións.


Por iso Xoán Xosé Bouzas, secretario xeral de CIG-industria, considera que o sector naval na Ría de Vigo "está esmorecendo" e pide a implicación da Xunta para salvar un sector estratéxico que no seu momento xerou entre 10.000 e 12.000 empregos na Ría de Vigo e que para finais de ano pode acadar os seus mínimos históricos. En concreto, consideran que a administración debe implicarse e "participar nos consellos de administración" dos astaleiros, ante unha situación na que a xestión privada non "dá sacado o tema" da carga de traballo.


COMPENSACIÓNS POLO TAX-LEASE


Os representantes sindicais tamén aproveitaron a súa xuntanza cos grupos parlamentarios para reclamar un fondo de compensación para os traballadores que perderon os seus traballos como consecuencia da crise de contratacións que se deu debido á ilegalización do tax-lease español entre 2008 e 2015.


Consideran que foron os traballadores, e non os propios astaleiros, "os máis agraviados polo tema do tax-lease". Por iso esixen que sexan compensados a nivel de prestacións de desemprego e pensións de xubilacións.

relacionada El Naval recupera el “Tax-free”, pero no los más de 8.000 puestos de trabajo perdidos
relacionada A crise de Pemex cuestiona o futuro de Hijos de Barreras
relacionada Barreras garante a continuidade de Pemex
relacionada O astaleiro Cardama construirá un buque para Senegal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE