#Claves de la semana

​A Xunta subvencionará a “plantación histórica” dun millón de castiñeiros

Parte dun paquete para o sector primario, que integra axudas para as explotacións lácteas 


|

(foto: galiciaunica.com)



O presidente da Xunta presentou este xoves un paquete de medidas orientadas ao sector primario, entre as que destaca un proxecto de subvencións dotado con dous millóns e medio de euros co que se pretende acadar unha “plantación histórica” dun millón de castiñeiros en Galicia que ocupen un total de 1.000 hectáreas


As plantacións poderán desenvolverse en toda a provincia de Ourense, en case todo Lugo e en varias comarcas de Pontevedra e A Coruña. Preténdese beneficiar a unhas 700 familias, cunha decisión que Alberto Núñez Feijóo considera “estratéxica”, promovendo a presenza dunha árbore “autóctona, moi identificada con Galicia.


Dentro do mesmo paquete de medidas, a Xunta tamén integrará axudas directas para os propietarios de explotacións lácteas con créditos pendentes. Porase a disposición dos gandeiros un programa dotado con tres millóns de euros, aos que poderán acceder os propietarios que queiran refinanciar créditos, ampliar os prazos, prolongar o período de carestía…


Paralelamente, haberá dous millóns de euros para minorar os danos provocados polo xabaril e polo lobo, e algo máis de catro para pechar as concentracións parcelarias en curso e iniciar outras novas, ordenando un total de 44.000 hectáreas e beneficiando a 30.000 propietarios.


Todas estas medidas conforman o último paquete aprobado pola Xunta cos fondos extras obtidos polo cumprimento do déficit público, tralas medidas anunciadas en educación e sanidade, que xa foron tildadaes de electoralistas

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE