​Santiago súmase á loita de Vigo contra o "desmantelamento" do Meixoeiro

|

Pechesantiago



Os sindicatos da área sanitaria de Santiago amósanse moi críticos co peche dunhas 230 camas que terán que asumir este verán. Pero sen perder de vista esta realidade, este mércores quixeron concentrarse principalmente para amosar a súa solidaridade cos traballadores que levan 15 días encerrados no vigués Hospital do Meixoeiro, xa que consideran que alí a situación é aínda peor.


Xavier Alvedro (CIG-Saúde) denuncia que no Meixoeiro "non é que se pechen as camas" senón que se está acometendo "unha anulación dos servizos que posuía este hospital" co conseguinte "deterioro da sanidade pública".


Por iso se unen ás reclamacións dos traballadores vigueses, que aseguran que seguirán montando garda no vestíbulo do Meixoeiro ata que se vexan resultados, que pasan porque o hospital “abra ao cen por cen” e conte cunha unidade de coidados intensivos “sempre abierta”.


Pero ademais de amosar a súa solidaridade, os sindicatos da área sanitaria de Santiago non esquecen as súas propias denuncias. Este mércores escolleron o Hospital de Conxo para manifestarse porque será o máis afectado, con 161 camas pechadas que se suman ás 51 do Gil Casares e ás 18 do Hospital Clínico. En total, unhas 230 camas.


O delegado da CIG invitou a visitar o Hospital de Conxo a partir do 15 de xullo se se quere comprobar "cómo é un hospital pantasma". Así, denuncia que o "70% do hospital vai estar pechado". "Péchanse quirófanos, media unidade de coidados intensivos, unidades enteiras de traumatoloxía..."


Ademais, os sindicatos tamén denuncian que se pecharán consultorios de atención primaria en varios concellos como Boiro ou Carnota de Son, susceptibles de aumentar a poboación na época estival ao ser concellos costeiros".


Non aceptan as explicacións do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que deixou claro que todas as camas do Sergas estarían "dispoñibles". Para Xavier Alvedro, se están dispoñibles é precisamente porque "se pecha o grifo para que non entre xente a facer probas diagnósticas, non se fan consultas de preoperatorios, non se vai operar..." Por iso demandan que se aproveiten os recursos do Sergas durante o verán para evitar aumenten as listaxes de espera. 


CONCENTRACIÓN NO CHUAC


Delegados sindicais do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) tamén se concentraron este mércores como mostra de apoio aos profesionais que mantén o encerro do Meixoeiro. 


A presidenta da Comisión de Centro do Chuac, María Seijo, mostrou o seu apoio "para defender que non se peche" este hospital. Ademais, tamén aproveitou para denunciar unha vez máis "o peche de 200 camas" na área sanitaria coruñesa. 


OS TRABALLADORES DO MEIXOEIRO AGRADECEN O APOIO


En agradecemento do apoio de áreas sanitarias como a de Santiago e A Coruña, e aproveitando o cumprimento de medio mes de encerro, os traballadores encerrados no Meixoeiro celebraron unha nova concentración con traballadores e usuarios. 


Tras 15 días montando garda día e noite, os traballadores non amosan signos de cansancio. Seguen sumando apoios tanto por parte da cidadanía como de organizacións como AGE ou o BNG. 


Con esta nova concentración queren mostrar unha vez máis a súa determinación. Aseguran que non pararán ata que se cumpran as súas demandas, denunciando unha e mil veces que este verán este verán "van quedar tres plantas enteiras pechadas" mentres se están derivando pacientes e probas "á privada".




relacionada ​O Sergas pechará máis de 900 camas este verán
relacionada ​O peche de camas é un "debate sen fundamento" para Almuíña
relacionada Responden ao peche de camas cun peche de traballadores

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress