#Claves de la semana

​Rebaixan a pena a unha parella de Pontevedra condenada por violar a dúas fillas

Recorreran ao Supremo, que anula a declaración dunha das menores por non puido testificar no xuízo. O home cumprirá 16 anos e a muller, 7.



|

A Sala Segunda do Tribunal Supremo rebaixou a pena a un pai e a unha nai de Pontevedra condenados por violar dous das súas fillas tras anular a declaración dunha das menores advertindo defectos no modo no que foi obtida durante a instrución.


Ambos os dous proxenitores foran condenados a máis de 30 anos de prisión cada un por dous delitos continuados de "agresión sexual na modalidade de violación" coas agravantes de actuación de dúas ou máis persoas e de especial vulnerabilidade das vítimas, así como por obstrución á Xustiza.


A sentenza orixinal, a Audiencia de Pontevedra consideraba ambos os dous culpables de repetidas agresións sexuais e violacións exercidas sobre a filla maior que a muller tivo cunha parella anterior, e que, segundo recolle o auto, sufriu as agresións dende os 11 ata os 13 anos, cando lle foi retirada a custodia aos pais.


Así mesmo, a Audiencia de Pontevedra incluíu na súa sentenza a declaración prestada por outra das fillas da parella, segundo a cal tamén foi sometida a agresións sexuais e unha violación durante as visitas pautadas polo centro de acollida onde se atopaban todos irmáns no ano 2009, cando a nena tiña "menos de 10 anos".


En ambos os dous casos, a sentenza recolle que as agresións sexuais foron realizadas polo home, aínda que contando coa presenza da muller, que "permanecía sentada na cama, mirando". No caso da filla maior, precisa que os feitos sucederon "moitísimas veces" e, en ocasións, "máis dunha vez ao día".


ANULADA UNHA DECLARACIÓN


Aínda que ambas as dúas mozas prestaron declaración durante o xuízo, o "estado de nerviosismo e angustia" da máis pequena levou a "suspender a súa comparecencia" e a que o tribunal considerase como proba a declaración realizada durante instrución.


Non obstante, atendendo a unha reclamación da defensa dos condenados, o Supremo anula agora a validez desta declaración dado que durante esta non estiveron presentes os avogados dos pais, polo que non puido ser sometida a contradición" en sede xudicial e a súa admisión "supón unha vulneración do dereito" do acusado. Así mesmo, a moza non foi informada de que, en calidade de testemuña -ela non interpuxo a denuncia, senon a súa irmá-, podía acollerse ao seu dereito a non declarar contra os seus pais.


Na sentenza, a Sala recorda que "non hai ningunha incompatibilidade" en "protexer a menor vítima" e, ao mesmo tempo, "non lesionar os dereitos do procesado" e considera "inadmisible" o "debilitamento das garantías do acusado, por odioso que resulte o delito investigado".


REDUCIÓN DA CONDENA


Por iso, a Sala anula a pena de 14 anos e seis meses de prisión que a Audiencia Provincial impuxo a cada un dos pais polo delito de agresión sexual cara á súa filla menor e mantén para o pai o delito de agresión sexual continuada sobre a súa fillastra. En canto á nai, o TS rebaixa a cualificación á de "cómplice" e elimínalle a obstrución á xustiza.


Así, o home, Francisco Javier Buceta, deberá cumprir unha pena de 16 anos de prisión pola agresión sexual continuada a unha das menores e por obstrución á xustiza.


A Sala elimina a agravante de delito cometido de forma "conxunta por dous ou mais persoas", xa que considera a nai unicamente "cómplice" da actuación da súa parella e non coautora. Neste sentido, estima que a participación da nai nos feitos "non pasou da mera e prescindible complicidade" e que a súa presenza "non era necesaria" para que se producisen os delitos. A muller, Montserrat Martínez Álvarez, deberá cumprir sete anos e un día de prisión.

relacionada Condenado a dos años de prisión por abordar niñas en su camino al colegio
relacionada Acepta tres años de cárcel por agredir sexualmente dos peregrinas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE