#Claves de la semana

​Un protocolo coordinará o diagnóstico e traslado dos pacientes con ictus

Cífranse nuns 7.000 os casos anuais desta afección na comunidade. O Plan implica todos os niveis de atención sanitaria.


|

IctusplanpresentacionO conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou esta tarde o Plan de Ictus do Servizo Galego de Saúde. Un protocolo de actuación que loita por diminuír a mortalidade das persoas que sofren un ictus isquémico. O Plan baséase en reducir o tempo transcorrido entre o inicio dos síntomas e a chegada ao hospital, conseguir un diagnóstico sen demora e adecuar o tratamento.


En Galicia prodúcense ao redor de 7.000 novos casos de ictus cada ano, segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía. De feito, sinalou Vázquez Almuiña, está no Plan de Prioridades da Consellería de Sanidade porque é unha das causas de mortalidade na Comunidade Autónoma, unha das patoloxías que causa máis anos de esperanza de vida perdidos e unha das causas de discapacidade permanente na idade adulta.


FUNCIONAMENTO DO PLAN

O Plan, explicou o conselleiro -quen estivo acompañado na presentación polo director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas-, require unha estreita colaboración entre os servizos de emerxencias médicas, os centros de atención primaria e os hospitais comarcais, e os centros de referencia.


Cartelictus

Neste sentido, cando unha persoa sufra algún dos síntomas de ictus, deberá chamar ben el ou ben algún acompañante ao 061. Estes síntomas resúmense en tres Fs: Fala (non ser capaz de dicir correctamente palabras simples), Forza (non poder elevar os brazos á mesma altura máis de dez segundos) e Faciana (non mostrar todos os dentes ao sorrir).


Nese momento, o médico deste organismo confirmará a existencia do ictus a través do protocolo específico, activará un código ictus e unha ambulancia recollerá ao paciente para o seu traslado ao hospital máis próximo, mentres a central do 061 avisa da súa chegada. Unha vez no hospital, terá acceso prioritario ao Servizo de Radioloxía do centro, onde se lle fará un TAC craneal de diagnóstico.


Os médicos de urxencias contactarán co Centro de Atención ao Ictus, que estará dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. Naqueles casos que polas súas características sexan susceptibles de fibrinolise (recanalización vascular), esta medicación será administrada no propio servizo de urxencias.


A través de videoconferencia co neurólogo do Centro de Atención ao Ictus, este poderá examinar á persoa mediante unha cámara web de alta resolución, interrogalo e interpretar o TAC que se lle realizou. Logo desta avaliación, decidirá se o paciente é candidato de ser trasladado a un hospital cunha unidade de ictus -en Galicia hai tres, na Coruña, Santiago e Vigo- para a realización dunha trombectomía. O traslado farase no menor tempo posible e, unha vez alí, realizarase un tratamento de neuroloxía intervencionista consistente en recanalizar a obstrución que está producindo o ictus.


O programa de videoconferencia xa se pilotou entre os hospitais comarcais do Salnés e Barbanza e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, con elevados niveis de calidade. 

relacionada ​El reto contra el ictus es acelerar la llegada al hospital
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE