#Claves de la semana

​O responsable local do BNG na Pastoriza apoia a Villares

Diego Fernández anunciou que a asemblea local está de acordo en que o candidato de En Marea é a mellor opción para derrotar a Feijóo. Non van agardar a seren expulsados.


|

Bngpastoriza


O proxecto de En Marea "ilusiona" a parte do nacionalismo, semella que tamén a membros do BNG. O responsable local da formación frontista do concello lugués da Pastoriza, Diego Fernández, anuncia que a asemblea celebrada o venres decidiu darlle o seu apoio a Luís Villares, que recentemente presentou a súa candidatura para se presentar ás autonómicas á fronte da confluencia galega.


Fernández explicou que na dita asemblea, á que asistiu a tenente de alcalde deste Concello, Elba Carreira, onde gobernan coaligados co PSOE, "acordouse darlle o apoio a este candidato polo que representa na candidatura". "Cremos que é a mellor opción para sacar a Feijóo da Xunta", subliñou.


Respecto diso, asegurou que Villares é "un candidato máis afín" a eles. "Non quere dicir que a candidata do Bloque (Ana Pontón) non o sexa, o que pasa é que esta é unha opción que ilusiona para que o nacionalismo volva xuntarse ao redor dunha figura", abundou.


Sobre a súa decisión, afirmou que ten asumido que "non" é que isto poida conducir á expulsión do BNG, senón que terán que apartarse da formación que lidera Pontón. "Teremos que deixalo", concretou. "O normal é que nos vaiamos nós, non que o BNG nos teña que expulsar", sentenciou.


Diego Fernández comentou que iso non quere dicir que "un deixe de ser do Bloque". "Onde levamos toda a vida", incidiu. "Eu a título persoal non vou deixar de ser do BNG, simplemente creo que hai que escoller entre dous candidatos nacionalistas. Oxalá non se tivese que dar esa situación, pero agora hai que tirar por un ou por outro", afirmou.


Finalmente, o responsable local do BNG na Pastoriza manifestou que confía en que con esta decisión se faga "un dano mínimo" á fronte nacionalista.


relacionada ​Villares fai formal a súa candidatura
relacionada Beiras: "Estou cumprido"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE