#Claves de la semana

Concentración no Porriño para pedir o soterramento das vías do tren

O concello convoca o acto para o día 30 de setembro co fin de retomar a reivincicación histórica.


|

Alcaldesaporrio


Os grupos políticos da Corporación do Porriño (Pontevedra) acordaron convocar unha concentración para o próximo 30 de setembro, co fin de esixir o soterramento das vías que atravesan o centro do municipio, e onde o pasado venres se produciu o descarrilamento dun convoi deixando 4 falecidos e 49 feridos.


Así mesmo, o Concello dirixirase ao Goberno e aos responsables de Adif para concretar a aprobación dun proxecto "que acabe co paso do tren polo medio do Porriño", unha reivindicación "que data de mediados do século pasado" e que non foi atendida.


O goberno desta localidade explicou que, hai un ano, a alcaldesa, Eva García de la Torre (PSOE), reuniuse co entón director de Explotación e Construción de Adif, quen se comprometeu a que este administrador de infraestruturas ferroviarias financiaría a metade das obras de soterramento.


Ese encontro celebrouse despois da insistencia da rexedora, polos continuos fallos de seguridade nas barreiras do paso a nivel, que "non se baixaban cando pasaba o tren, co consecuente perigo extremo para os cidadáns".


O pasado 31 de agosto, menos de dúas semanas antes do accidente, García de la Torre volveu solicitar un encontro coa actual directora de Explotación e Construción para retomar o proxecto do soterramento, pero dita solicitude aínda non recibiu contestación.


INVESTIGACIÓN


As caixas negras do tren sinistrado, abertas e analizadas o martes en sede xudicial, desvelaron que o convoi circulaba a 118 quilómetros por hora cando descarrilou a pesar de que a velocidade, por traballos de mantemento na vía, estaba limitada a 30 quilómetros por hora.


Así mesmo, os rexistros revelaron que o maquinista recibiu dous avisos L1, que significan "necesidade de moderar a velocidade", e que el mesmo confirmou que recibira estes avisos, pulsando un botón, que é protocolo habitual.


FERIDOS


Sete persoas feridas neste accidente continúan ingresadas este mercores en hospitais de Vigo. 


Segundo o último parte facilitado este mércores pola Consellería de Sanidade, actualmente sete pacientes permanecen ingresados nos hospitais de Povisa (4) e Álvaro Cunqueiro (3). Outros 42 do medio centenar de feridos --un dos cales faleceu no hospital-- xa recibiron o alta: 19 persoas no HAC; 11 no Hospital Povisa; 10 en Fátima e outras dúas no Punto de Atención Continuada do Porriño.



relacionada El maquinista recibió dos avisos para aminorar la velocidad
relacionada ​"Todo apunta a un exceso de velocidade"
relacionada ​Los presidentes de Adif y Renfe explicarán en el Congreso el accidente de O Porriño
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE