#Claves de la semana

En Marea dille á Xunta que presente "toda a documentación" da fusión das caixas

O PPdeG anunciou onte a súa intención de reabrir a comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas. 


|

Antonlosadaenmarea


En Marea celebra que o PPdeG anuncie a súa intención de reabrir a comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas despois de "tres anos de bloqueo do Grupo Parlamentario Popular" ao traballo da devandita comisión e tras "negarlle á oposición información, comparecencias e documentación transcendente".


E é que este venres o Grupo Parlamentario Popular pediu que se reactivase a comisión de investigación sobre as caixas galegas para que os cidadáns poidan coñecer as conclusións do traballo realizado neste órgano parlamentario durante a pasada lexislatura e que así se poida saber "o que pasou" con estas entidades financeiras.


DOCUMENTOS BLOQUEADOS


"Solicitamos que nesta ocasión si se ofrezan os documentos bloqueados na pasada lexislatura, como a carta de encarga da Xunta á auditora KPMG, os informes dos técnicos de Facenda sobre a fusión, toda a documentación dispoñible sobre o proceso de venda de Novagalicia Banco e, moi especialmente, todos os informes e documentos que estaban encima da mesa do Consello da Xunta do 18 de novembro de 2010, no que se autorizou a fusión de Caixa Galicia e Caixanova", relataron a través dun comunicado desde En Marea.


Así, o viceportavoz do Grupo Parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, considera que se o goberno da Xunta "segue negando esta información clave para esclarecer un proceso que finalizou nun auténtico espolio do aforro de moitos galegos e galegas", entón "quedará claro unha vez máis a intención de controlar a Comisión para evitar que se determinen os responsables políticos deste roubo".


"Desde En Marea esixirémoslle tamén ao señor Feijóo unha explicación do por que durante tres anos se mantivo paralizada a Comisión de Investigación e se agardou a que pasen as eleccións para anunciar a reapertura", finalizou.

relacionada O PPdeG pide reactivar a comisión de investigación das caixas
relacionada Exdirectivos de Novacaixagalicia deberán indemnizar a ABANCA con 10 millones
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE