#Claves de la semana

O primeiro centro público de España de recría de gando vacún estará en Lugo

En concreto, estará na Granxa provincial Gayoso Castro, en Castro de Rei, e botará a andar na primavera de 2017. 


|

Vacascarne


O primeiro centro público de España de recría de gando vacún botará a andar, segundo está previsto, na próxima primavera. En concreto, farao na Granxa provincial Gayoso Castro, no Concello lucense de Castro de Rei.


Así o avanzou este venres, tras a xunta de goberno, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos. Leste deu conta dun encontro de "reputados expertos" da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para definir a posta en marcha do primeiro centro público de recría de gando vacún de España.


A este respecto, lembrou que foi a Deputación de Lugo a que "financiou en solitario" a construción destas instalacións na Granxa Gayoso Castro por un importe, precisou, de 10 millóns de euros.


De igual modo, explicou que houbo "numerosas" reunións de traballo desta comisión técnica nas que se fixo unha recomendación para a mellora do benestar animal, que consiste na construción dunha cuberta para cubrir os seis corredores existentes entre os 200 boxes onde se situarán os becerros desde que entren no centro.


Así, aprobáronse estes traballos para unha execución máxima de tres meses e por un importe máximo de 300.000 euros. "Eses tres meses é o que nos marca a previsión que se manexa para a posta en marcha do centro de recría, co cal a comezos da primavera do ano que vén poderían entrar os primeiros becerros", precisou.


O modelo de xestión será "público", dado que así o definiu a comisión técnica de expertos e que se basea na concesión deste servizo contando coa participación directa do sector agrogandeiro.


Santos adiantou que no pleno provincial de finais deste mes de novembro, o goberno provincial presentará os pregos de concesión do centro de recría para un prazo mínimo de 15 anos prorrogables cunha valoración sobre os 40 millóns de euros.


Unha vez que estea vez a pleno funcionamento, precisou, calcúlase unha saída duns 3.000 becerros ao ano.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE