Unha empresa galega, artífice do primeiro colexio de España totalmente domotizado

|


Tecnopoledomoticaiplace


A empresa galega Conexiona, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), vén de finalizar con éxito a instalación e subministración do primeiro colexio de España totalmente domotizado ou, como se denomina a este proceso en edificios grandes, inmotizado. 


O Colexio San Pedro Apóstolo de Madrid é xa o centro escolar "máis eficiente e intelixente de España" grazas á automatización de todas as súas instalacións, desde a iluminación até a climatización, pasando polas piscinas, as caldeiras, as augas residuais, o equipamento das cociñas e os sistemas de incendios, seguridade e videovixilancia.



Conexiona realizou este proxecto mediante a implantación do seu sistema iPlace, desenvolvido integramente nas súas instalacións da Tecnópole para automatizar e monitorizar permanentemente e en tempo real todos os dispositivos eléctricos e electrónicos en construccións de calquera dimensión, desde vivendas unifamiliares ata inmobles de gran tamaño, como é o caso do centro escolar madrileño, pioneiro en España nesta iniciativa.



"Ademais de permitir un elevadísimo grao de eficiencia enerxética, comprobamos no colexio que o sistema facilita enormemente os labores de mantemento ao estar todos os dispositivos monitorizados de xeito continuado, o que supón un aforro moi considerable”, explica José Antonio Losas, director de Tecnoloxías da Información da empresa.



30% DE AFORRO SÓ EN ENERXÍA



O colexio, que comezou a funcionar a finais de 2014, investiu máis de 2,5 millóns de euros neste sistema, coa expectativa de amortizalos en pouco tempo cos diversos aforros que se derivan da súa posta en marcha.



O centro está situado en Barajas, onde as temperaturas baixo cero do inverno contrastan co intenso calor do verán, facendo necesaria a incorporación de "sistemas de climatización moi eficientes"


Segundo informan desde a Tecnópole, iPlace permite controlar e regular a temperatura en cada estancia de xeito independente. Segundo o enxeñeiro implicado no proxecto David Olmeda, "ter o control de todas as instalacións está a implicar un aforro do 30% dos custos enerxéticos do colexio e unha perfecta integración dos sistemas", ao que o director do centro, Jorge Javier Flores, engade que o proxecto "permitiu aumentar os niveis de confort dos nosos alumnos". O alumeado foi integrado tamén no sistema, o que permite programar horarios de autoacendido e autoapagado, tanto en zonas individuais como colectivas, co conseguinte aforro de custos.



Á marxe da eficiencia enerxética, integrouse no sistema o control de accesos, tan sensible en instalacións escolares. Coa incorporación do video-porteiro en iPlace, todo o personal do edificio pode operar a porta, mediante a interface web ou a aplicación móbil, accesible tanto desde iOS como Android. Tamén se controla o acceso mediante dispositivos de radiofrecuencia para aumentar a seguridade.



O sistema ocúpase tamén da xestión da piscina e das augas residuais, todo desde a mesma plataforma que as utilidades relativas á enerxía e ao control de accesos, o que simplifica os procesos e permite activar un plan de mantenemento preventivo, supoñendo un aforro de custos a maiores.



Conexiona continúa así a súa liña de deseño e desenvolvemento de solucións TIC para a automatización de procesos. O ano pasado lanzaban iPetrol, o primeiro software de xestión integral remota para estacións de servizo, xa implantado en 55 gasolineiras a nivel nacional e con dous proxectos piloto no mercado internacional.

relacionada ​Renfe estrena este lunes el wifi a bordo de los trenes AVE
relacionada ​Os fogares galegos poderían aforrar un 60% de enerxía con medidas de eficiencia enerxética
relacionada ​O coñecemento constitúe o 90% do valor total das empresas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress