Galicia condena o asasinato machista de Becerreá
Concellos de toda Galicia acolleron neste venres concentracións e minutos de silencio para condenar o asasinato dunha muller en Becerreá a mans da súa parella, un acto que a sociedade recibiu con "consternación e perplexidade".
Concellos de toda Galicia acolleron neste venres concentracións e minutos de silencio para condenar o asasinato dunha muller en Becerreá a mans da súa parella, un acto que a sociedade recibiu con "consternación e perplexidade".
Así se expresou o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, "sorprendido" pola respota dos veciños ante a convocatoria de concentración que lanzaron dende o concello. Segundo indicou o alcalde a xente respondeu, enchendo a praza municipal de Becerreá, onde se gardarán tres días de luto ofical.
Martínez confesou que nunca pensara que algo así podía ocorrer no seu propio concello, manifestando a consternación da poboación ante un "acto totalmente reprobable" cometido por unha persoa ben coñecida no municipio, que "ten relación con todo o mundo".
Na Xunta de Galicia o Goberno galego tamén mantivo unha concentración de repulsa, á que acudiron tanto o presidente da Xunta como todos os conselleiros e traballadores da administración. A secretaria Xeral de Igualdade lamentou que a violencia de xénero "non acaba de darnos tregua", para a continuación reafirmar o compromiso da Xunta para seguir traballando "día a día" para eliminar esta lacra.
Nos concellos de Santiago, Lugo, A Coruña e Ferrol tamén se mantiveron concentracións de rexeitamento. Representantes políticos de todas as cores expresaron a súa repulsa , aínda que destacan as palabras da concelleira de Igualdade da Coruña, Rocío Fraga, que instou a traballar dende o ámbito educativo para acabar cunha "educación marcada polo sistema patriarcal" que segundo ela "leva a este tipo de accións violentas".
Escribe tu comentario