#Claves de la semana

​O ERE de Citroën irá a xuízo a principios de xullo

Foi aceptado pola maioría dos sindicatos pero denunciado pola CUT


|


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acollerá o vindeiro 11 de xullo o xuízo polas medidas de flexibilidade plantexadas por Citroën, que inclúen un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo e dous temporais.


Este expediente foi aceptado polos sindicatos maioritarios SIT, UXT e CCOO o pasado 15 de marzo. Pero as súas condicións non convenceron á CUT, que presentou unha denuncia que será procesada polo TSXG.


Vítor Mariño, voceiro deste sindicato, asegura que están sufrindo "bastantes presións" por parte da empresa e dos sindicatos asinantes con motivo da demanda presentada, pero chama a atención sobre que a empresa aínda non fixo efectivo o expediente, algo que para eles indica que "nin eles mesmos están seguros de que ese ERE sexa legal".


"Desde o 29 de marzo podían empezar a extinguir contratos de traballo. Se a día de hoxe non o fixeron precisamente é porque non teñen unha seguridade xurídica", recalcou, antes de insistir en que este acordo é "unha chapuza xurídica" no que usaron "a saída dos veteranos para meter a extinción de contratos para discapacitados, aumentar medidas de flexibilidade, e externalizar e extinguir contratos".


"Cremos que non se dan os condicionantes para solicitar un ERE de extinción para 400 postos de traballo", xa que "todos os datos económicos" son positivos, reafirmou o portavoz, que en canto ao ERTE suspensivo mantivo que son "excedencias con dereito a reingreso subvencionadas con diñeiro público".


POSTURA DE PSA


Dende a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën aseguran que non están preocupados , xa que están convencidos os ERE   teñen "todas as garantías legais". Subliñan que o ERE responde a "unha forte reclamación por parte do persoal", en referencia concretamente aos traballadores veteranos, que poderán acollerse a unha das tres modalidades de ERE extintivo.


As mesmas fontes mantiveron que o ERE "xa está en marcha" e, de feito, "proximamente" celebrarase unha reunión da comisión de seguimento, na que se concretarán os criterios para as saídas de persoal nas distintas modalidades, e tras iso empezaranse a xestionar as solicitudes dos traballadores que se acollan voluntariamente.


Os sindicatos CC.OO. e UXT subliñaron en declaracións  que será a Xustiza a que teña "a última palabra" sobre o ERE, aínda que coincidiron no seu convencemento de que "non hai ningunha ilegalidade" no acordo e que "todo se fixo respectando todos os procesos e con información para analizar a situación".


"Axústase en todos os seus aspectos a dereito", rematou o portavoz de UXT, Rubén Pérez, que lembrou que os sindicatos asinantes --SIT, CC.OO. e UXT-- supoñen o 88 por cento da representación do comité.


A iso, Santiago García, de CC.OO., engadiu que aínda que respectan que os membros da CUT presentasen esta demanda --o que non comparten--, dóelles " moitísimo ver aos compañeiros de máis de 60 anos traballando nas liñas de montaxe porque eles queren ter o seu minuto de gloria nos medios cando non o teñen na representación da fábrica".


PRESIÓNS


En canto ás denuncias de presións que afirmaron sufrir os membros da CUT, os portavoces de CC.OO. e UXT aseveraron que eles se limitaron a trasladar a súa opinión sen faltar ao respecto a ninguén, pero vincularon as posibles presións ao descontento dos veteranos.


"Cando lles obrigas a permanecer nos seus postos de traballo cando poderían estar fóra, é normal que che insulten, saian notas anónimas..., porque cando vas contra os traballadores, estes reaccionan", apostilou García. "Se senten presionados é o seu problema, non o noso", agregou Pérez.


Finalmente, os dous sindicalistas referendaron que este xoves está previsto que se celebre a primeira reunión da comisión de seguimento do ERE. Un encontro no que esperan que haxa avances agora que xa hai unha data concreta para o xuízo e pódense "manexar prazos".


ACORDO


A dirección de Citroën en Vigo e tres dos cinco sindicatos do comité, SIT, UXT, e CC.OO., asinaron o pasado 15 de marzo un acordo de medidas, que inclúe un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo e dous temporais, así como medidas de flexibilidade, expostas pola empresa para asumir posibles variacións na produción e favorecer a candidatura da planta para optar a un novo modelo de vehículo.


O acordo inclúe tres Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) para aplicar ata o próximo 2018: Un extintivo voluntario para ata 400 empregados; e dous temporais, sendo un suspensivo cunha duración de 20 días (10 por ano) para ata 510 traballadores con saldo negativo na bolsa de horas e outro suspensivo rotatorio para ata 158 membros do persoal mensual estrutural (non ligado á produción).


Destes expedientes, o ERE extintivo presenta tres modalidades: Para veteranos --o que responde a unha petición que perseguen os sindicatos desde hai anos e que chegará a ata uns 180 empregados--, para menores de 50 anos que decidan extinguir o seu contrato definitivamente e para menores de 50 anos que queiran marcharse con dereito preferente de reingreso.


Ademais, inclúe medidas de flexibilidade para responder a posibles incrementos de produción pola industrialización de novos modelos e dúas medidas organizativas que pasan por unha modificación no funcionamento das quendas variables e por crear, con persoal voluntario, unha nova quenda para mantemento en fins de semana.

relacionada ​A CUT denuncia o ERE de Citroën
relacionada Luz verde para os ERE de Citroën
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE