En Marea reparte as áreas de traballo na Cámara
Luis Villares asume, ademais da presidencia e a portavocía, xustiza e interior, e xunto con Paula Quinteiro, a área relacionada coa lingua.

En Marea acordou "por consenso" a repartición definitiva de áreas de traballo na Cámara galega, onde Luís Villares, ademais de portavoz e presidente do seu grupo, asumirá as cuestións ligadas con xustiza e interior e, xunto coa deputada electa Paula Quineiro, a área relacionada coa lingua.
En Marea difundiu o documento de repartición no que clasifica funcionalmente as áreas segundo as comisións que funcionan no Pazo do Hórreo. Así, á institucional aparecen asignados Carmen Santos e Luís Villares.
No detalle do apartado de institucional, Santos encargarase de institucional e administración; Villares de xustiza e interior; e Eva Solla e Luca Chao dos asuntos de solidariedade internacional e cooperación, así como emigración e inmigración.
Para Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos adscríbese a Antón Sánchez e Marcos Cal. En concreto, Sánchez asumirá as cuestións de vivenda, ordenación territorial, urbanismo, obras públicas e mobilidade, mentres que para Cal se reserva Medio Ambiente.
Como titulares para a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, En Marea opta por sinalar a Sánchez e a Manuel Lago, figurando este último como responsable das áreas de economía, facenda e orzamentos.
Mentres, o peso de Educación e Cultura recaerá en Ánxeles Cuña e Luca Chao. En concreto, Cuña ocuparase de educación e de cultura e patrimonio; Chao e Magdalena Barahona farano de universidade, Quinteiro e Villares de lingua; e de deportes, Marcos Cal.
Como xa se avanzou as titulares para Sanidade e Asuntos Sociais serán Eva Solla e Paula Verao. Solla ocuparase de sanidade e benestar; Verao e Quinteiro asumen igualdade de xénero, política social, infancia e sistema de coidados recae en Verao; Barahona ocuparase de pobreza, desigualdade e emerxencia social; Lago de emprego; Cal, de LGTBI. Por último, á fronte da área de discapacidade (diversidades funcionais/cognitivas) estarán Verao e Santos.
INDUSTRIA, MEDIO RURAL, PESCA E CRTVG
Á comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Truismo quedan asignado Pancho Casal e Juan Merlo. O primeiro ocuparase de enerxía e turismo; e o segundo, de industria e turismo.
Davide Rodríguez e Paula Quinteiro encargaranse de Medio Rural. Os dous exercerán de portavoces en asuntos de agroganadería, alimentación e desenvolvemento rural, e das áreas de forestal e extinción de incendios, mentres que Pancho Casal analizará as cuestións de Benestar animal.
Adscritos á Comisión de Pesca estarán Pancho Casal e Juan Merlo, mentres que, ademais de ambos, tamén poderán ocuparse de asuntos destas áreas Santos e Chao. Por último, para a Comisión da CRTVG e da área de medios comunicación encargaranse Cuña e Verao.
PLURALIDADE E PROPORCIONALIDADE
No tocante á repartición da Mesa do Parlamento, Villares advertíu este xoves que debe axustarse aos criterios de "pluralidade" e "proporcionalidade" segundo os resultados das urnas do 25 de setembro, pero tamén defendeu unha composición deste órgano "o suficientemente ampla" para que "todos os grupos" estean "representados".
E é que o Pazo do Hórreo albergou nos últimos días os primeiros contactos entre os grupos para a repartición dos postos institucionais da Mesa, órgano reitor da Cámara, que deberá quedar constituído na sesión do 21 de outubro, aínda que polo momento teñen carácter "embrionario" e a composición non quedará pechada ata a semana que vén.
En relación a esta cuestión, Villares xa avanzara que, como segunda forza galega en votos, En Marea "fará valer" esa posición, xa que entende que debe ser atendido o principio da "proporcionalidade" e contar cun posto fixo para toda a lexislatura, aínda que rexeitou anticipar "nomes" para ocupar o devandito cargo "á espera de que haxa unhas canles de negociación abertas" e se pacte unha repartición de responsabilidades segundo a "pluralidade e proporcionalidade".
Con todo, En Marea consideraría positivo que o BNG tamén puidese estar na Mesa. Neste sentido, Villares volveu a insistir este xoves na idea de que sería necesaria unha composición "o suficientemente ampla" para que "todos os grupos" poidan estar representados.
A SEMANA QUE VÉN PECHARASE A REPARTICIÓN
Este mesmo xoves produciuse un encontro entre o voceiro de En Marea e deputado electo, Luís Villares, e o que a esta hora xa é oficialmente o voceiro do grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga. Villares tamén tivo a oportunidade de saudar ao popular Pedro Puy.
En todo caso, estes contactos adquiren polo momento un carácter informal e non se profundará no diálogo ata a semana próxima, á espera de que o PPdeG 'oficialice' se Pedro Puy segue no cargo que ocupa desde que relevou a Manuel Ruiz Rivas en 2011.
ANGROIS, POBREZA E LEI DE COMARCALIZACIÓN DE SERVIZOS
A posta en marcha dunha comisión de investigación para investigar o accidente ferroviario de Angrois, o impulso dun plan de loita contra a pobreza e a aposta por unha lei de comarcalización de servizos son algunhas das "prioridades" coas que En Marea arrincará a X Lexislatura no Parlamento de Galicia.
Explicouno o seu portavoz e deputado electo, Luís Villares, quen acudiu co resto de parlamentarios electos de En Marea ao rexistro do Pazo do Hórreo para presentar as credenciais e incidiu en que o traballo da formación xa está en marcha, aínda que a Cámara non quedará formalmente constituída ata o 21 de outubro.
Así, avanzou que as súas tarefas na Cámara focalizaranse na procura dun crecemento económico "vinculado ao benestar social" mediante "políticas activas", e tamén á loita contra a corrupción, conxugada coa aposta "pola transparencia e a democracia".
"Serán os nosos eixos fundamentais de acción política desde o primeiro día", subliñou, antes de concretar unha serie de medidas que impulsarán con carácter prioritario, como un plan de loita contra a pobreza. Non en balde, lembrou que xa en campaña En Marea reivindicou un decreto de garantías sociais mínimas con tres eixos: acabar cos desafiuzamentos, coas causas máis graves de exclusión e coa pobreza enerxética.
Tamén insistiu no impulso dunha renda "básica" para a cidadanía, introducindo "novos factores" na actual Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) para que esta sexa "completa".
EU pide que "se reconozcan las partes" en el espacio de En Marea
Escribe tu comentario