#Claves de la semana

A oferta pública de emprego en ensino para 2017 será "similar" á deste ano

Os socialistas da oposición inciden en que esta oferta non resolve a carencia de profesores "brutal" que cifran en 1.000 prazas. 


|

Romanrodriguezxunta


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compareceu na Cámara galega para presentar os orzamentos da súa carteira para 2017, que crecen "un 2,85 por cento" respecto dos do pasado ano ata alcanzar os 2.315,4 millóns de euros.


Este luns, o titular de Cultura e Educación defendeu as contas para o próximo ano da carteira que dirixe na Comisión 3ª do Parlamento galego. Alí, Rodríguez avanzou que os orzamentos inclúen "a previsión dunha Oferta de Emprego Público en infantil, primaria e secundaria" en termos "similares aos do pasado ano".


A convocatoria e o número de prazas destinadas a esta actuación estarán determinadas pola taxa de reposición que se fixe desde o Goberno central, aínda que a Xunta expresou o seu "compromiso" de que se produza "nos termos máis amplos posibles".


aumento de case un 3 por cento no orzamento da carteira que dirixe Román Rodríguez céntrase, como indicou o propio conselleiro, "nas persoas", xa que ese incremento correspóndese a "a recuperación do salario" e programas "de formación" do profesorado, así como á atención das "necesidades específicas de atención educativa do alumnado".


CRÍTICAS DA OPOSICIÓN


Con todo, a oposición criticou que a dita subida "só" se corresponde coa recuperación do soldo dos profesores ao mesmo nivel que, como lembrou a deputada do BNG Olalla Rodil, crece tamén "o salario de Feijóo e o seu goberno".


Rodil resaltou que, a pesar de que as contas deste departamento subisen en 2016 e 2017, "non se recupera o perdido nos últimos anos". Segundo a nacionalista, estas "navalladas" alcanzaron "os 159.000 millóns de euros", para logo censurar que se manteñan as mesmas axudas tanto á Cidade da Cultura como á Fundación Camilo José Cela mentres "desaparecen" as destinadas ao audiovisual.


Os representantes de En Marea, PSdeG e Bloque coincidiron en afear a actitude da Xunta, que cualifica os orzamento de "expansivos" cando o PP "recortou" desde o ano 2009 "un 64,7 por cento" as contas de Cultura e Educación. "Hoxe celebran subir un 2,87 por cento", apostilou a deputada de En Marea Luca Chao.


Pola súa banda, a parlamentaria socialista Concepción Burgo tachou de "decepcionantes" e "un exercicio de propaganda" as contas anunciadas por Rodríguez que, pese ao anuncio da intención de convocar unha oferta pública de emprego, non resolve "a carencia de profesores brutal" existente en Galicia, que cifrou en 1.000 prazas.


Outros dos puntos coincidentes entre os grupos da posición foron as críticas cara ao mantemento das partidas destinadas á política de normalización lingüística ou a Cidade da Cultura, no primeiro caso por "manter o recorte" e no segundo porque permanece "intacto" o orzamento dun "elefante branco" que absorve "o 40 por cento" do total das contas da Consellería.


Pola súa banda, o deputado popular César Manuel Fernández Gil acusou á oposición de "pintar unha realidade diferente da que a cidadanía percibe" e valorou positivamente a política lingüística desenvolvida pola Xunta, que cre refrendenda no dato do grao de coñecemento da lingua galega na poboación "o máis elevado da serie histórica".


INFORME PISA


Román Rodríguez cre que a xestión do PP á fronte de Educación vese referendada polos "bos" datos do Informe PISA --publicado a pasada semana--, que sinalan que o sistema educativo galego "é o máis equitativo" dos países analizados, xa que garante "a igualdade de oportunidades".


Na súa quenda de réplica á oposición, Rodríguez negou as acusacións de "repartición arbitraria" ou "sectarismo" na concesión de axudas culturais desde a Administración galega, á vez que acusou ao BNG de estar "obsesionado" co "decreto do galego" e de "patrimonializar" a lingua, "que é de todos", remarcou.


Así, o conselleiro defendeu a "recuperación progresiva" do orzamento da súa carteira, que o pasado ano aumentou "un cinco por cento" e que, grazas ao incremento deste ano, permitirán poñer a Galicia en "unha senda que vai posibilitar que esa recuperación sexa factible".


OUTRAS PARTIDAS


O conselleiro, que estivo acompañado na súa comparecencia por boa parte do gabinete da súa Consellería, tamén expuxo outras actuacións que recollen os orzamentos de Educación en materia de infraestrucutras.


En total, as contas de Cultura recollen unha partida de 27,6 millóns de euros para desenvolver obras en preto de dez centros educativos, os "gastos de funcionamento" das unidades de ensino e "servizos complementarios" como o transporte ou o comedor escolar, que aumenta un un por cento respecto de 2016.


En canto a Patrimonio, a contía orzada chega aos 13 millóns de euros para o financiamento de "obras de conservación e restauración" nas catedrais de Ourense e Mondoñedo (Lugo), os mosteiros de Sobrado dos Monxes, Oseira ou a muralla de Lugo, entre outros.

relacionada A ​CIG e a Mesa piden á valedora equiparar as horas lectivas en galego e castelán na ESO
relacionada Galicia obtén resultados próximos aos dos países mellor clasificados no informe PISA
relacionada Anpe-Galicia felicita ao profesorado e chama a non "magnificar" os informes
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE