Feijóo xustifica o peche de máis de 900 camas alegando que seguirán "dispoñibles"

|


Un día despois das concentracións que mantiveron os traballadores en varios hospitales galegos, o presidente da Xunta restoulle importancia aos peches de camas previstos polo Sergas asegurando que "o 100% das camas están a disposición dos pacientes todo o ano" no caso de que sexan necesarias. 


"As camas non se levan a ningún sitio", asegurou Alberto Núñez Feijóo restando importancia ao peche de máis de 900 camas previsto polo Sergas para este verán. Mantén que os peches responden  ás "previsións en función da demanda" realizadas polos xerentes, que se vén levando a cabo"verán tras verán" dende sempre como resposta á tendencia descendente que segundo dixo se adoita observar na tempada estival. 


Recorda que en 2015 xa se fixo unha previsión do 85% que finalmente non se cubriu, e que este ano a previsión é superior, fixándose no 87%. 


E é que Feijóo confía en que este ano se utilizarán máis camas durante o verán, "porque vai a haber máis actividade xa que destiñamos diñeiro", en referencia aos fondos comprometidos para reducir as listaxes de espera, que no seu día foron calificados como "contos electorais". 



AGE LEVARÁ OS PECHES AO PARLAMENTO


Non opinan igual dende Alternativa Galega de Esquerda, que anunciaron este xoves que levarán os peches de camas ata o parlamento, xa que consideran que está a "perpetuarse" o peche de camas como un modelo vinculado a unha "estrutura de listas de espera" longas. 


A deputada  Eva Solla considerou que a reducción de camas previstas se debe a que "non hai intención" de substituír aos profesionais fixos por eventuais durante as súas vacacións. Afirmou que o "dereito" dos traballadores para ter vacacións "non está en conflito" cunha atención sanitaria de calidade e destacou a dispoñibilidade de profesionais que se atopan "nas listas do paro" para cubrir as vacacións dos traballadores fixos.

relacionada Responden ao peche de camas cun peche de traballadores
relacionada Responden ao peche de camas cun peche de traballadores
relacionada ​Almuíña asegura que "ningún paciente que necesite unha cama terá problema"
relacionada ​O Sergas pechará máis de 900 camas este verán

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress