#Claves de la semana

​Falta "profesionalización" no servizo contra incendios da Xunta

Desde UGT critican que os contratos de 3 meses apenas dan experiencia: "Está entrando xente nova todos os anos e non se reforza o servizo".


|

Brigadistashelicptero


O delegado de UGT na Consellería do Medio Rural de Lugo, José Manuel Pérez, lamentou este martes a "falta de profesionalización" no servizo de incendios do Goberno autonómico.


Pérez reprochou que se traballa "con xente nova todos os anos, contratando persoal por empresas, por concellos", á vez que censurou que se estea "externalizando todo o servizo". "Está a entrar xente nova todos os anos e non se reforza o servizo", abundou.


Nesta liña, o delegado sindical concretou que a externalización se produce "a través dos concellos, de Seaga ou a empresa Naturtecnia".


Ademais, debullou que existen moitos "contratos en precario" e denuncia que as brigadas dos concellos aínda "están a empezar estes días". "Esa xente con tres meses non poden profesionalizarse", insistiu. 


Sobre a situación en Lugo precisou que "só hai dúas brigadas helitransportadas da Xunta; unha que opera durante nove meses e outra con contratos de tres meses e é o único persoal". Tamén alertou de que o "monte está como está, a vexetación crece". "E canto máis nos achegamos á zona Sur (de Lugo) a diferenza é máis grande en canto á temperatura", concluíu.

relacionada Extinguido o incendio forestal de Arbo
relacionada ​Protección Civil reparte en el rural folletos sobre prevención de incendios
relacionada ​A loita contra incendios sumará en agosto catro helicópteros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE