#Claves de la semana

​A oposición recrimina a Feijóo que o paro en Galicia subira "o dobre" ca no resto de España

Os tres grupos coinciden en destacar "o fracaso" das políticas de emprego do goberno da Xunta. 


|

Paro 5


PSdeG, En Marea e BNG advertían este xoves a Feijóo sobre os datos desfavorables do paro no mes de outubro en Galicia, logo de que o Ministerio de Emprego dese a coñecer este xoves que en Galicia aumentou a cifra de desemprego un 2,37% (4.604 persoas) en relación ao mes de setembro. No resto de España a cifra tamén se incrementou, aínda que máis lixeiramente, cun número de parados un 1,2% máis alto ca no mes anterior.


Os voceiros dos tres grupos coincidían en afirmar que se trata de datos negativos provocados por contratos temporais e de baixa calidade, que "revelan" que as políticas de creación de emprego da Xunta foron "ineficaces".


A portavoz de Emprego do PSdeG no Parlamento, Noela Blanco, advertiu que o paro sobe en Galicia "o dobre" que no resto de España, motivo polo cal urxiu á Xunta a poñer en marcha "medidas eficaces baseadas no diálogo" para "recuperar a actividade económica e o emprego de calidade".


Estes datos, a xuízo da socialista ourensá, "dan a medida do fracaso das políticas de emprego de Feijóo" e do seu goberno, que é "lesivo para Galicia", segundo sostivo nun comunicado.


Tamén se pronunciou sobre a forte caída do emprego o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, que considerou negativos os datos do paro en Galicia para o mes de outubro ao criticar, como o fixo Noela Blanco, que aumentase "o dobre" que no conxunto do Estado. "Isto aumenta aínda máis a brecha sobre ocupación que existe no noso país con relación á media estatal", lamentou.


Na súa intervención, o líder de En Marea criticou que o "92% do emprego creado" durante este período fose "de carácter temporal" cuestión que, na súa opinión, "pon unha vez máis en cuestión as sucesivas reformas laborais" e "a súa eficacia á hora de crear emprego de calidade".


"Sabemos que a creación deste emprego é absolutamente precarizada e, ademais, prodúcese a circunstancia de que o paro sobe especialmente no ámbito da agricultura, co cal, aínda que sabemos que é unha situación estrutural en relación a este sector produtivo, vaise vendo agravada aínda máis", censurou.


Pola súa banda, a viceportavoz do BNG, Olaia Rodil, asegurou que os datos do paro publicados este xoves polo Ministerio de Emprego reflicten unha tendencia de creación de postos de traballo "parciais e en precario" distinta ao "discurso de recuperación económica" que "quere vender" o Goberno da Xunta.


"Como ocorre en todos os meses de outubro, se vemos os históricos, aumenta o paro porque se estacionaliza no verán e despois destrúense eses postos de traballo", lembrou Rodil, para denunciar tamén a existencia desta "tendencia" á precarización.


Así mesmo, lamentou que se instale "un novo modelo de relacións laborais baseada na explotación dos traballadores, con salarios cada vez máis baixos e condicións precarias". "Se queremos saír desta situación hai que buscar unha que pase por crear postos de traballo en condicións dignas", apuntou.

relacionada ​El paro vuelve a subir en octubre
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE